Clima: Cambio Climático
Definición: O clima abarca os valores de estadística sobre os elementos do tempo atmosférico nunha rexión durante un tempo determiado periodo de tempo.
Neste caso, eu falarei do quentamento global; o cal deberíanos preocupar, e teríamos que tomar medidas ó respecto (aínda que sabemos que non facemos o suficiente...).
O quentamento global débese á acumulación de moitos gases na atmosfera o cal fai un efecto invernadoiro ( a atmosfera requentase baixo os raios solares e a calor non pode saír, pois os gases reteñen o calor).
Os efectos do quentamento global poden ser moi negativos, incluso catastróficos e non só en algunhas rexións illadas, senón que tamén poden afectar a nivel mundial. Ademáis esos efectos non son só no medio ambiente, senón que tamén pode ser perxudicial en terreo económico e biolóxico (aínda que só no que nos interesa: a agricultura).
Durarán moito os campos cultivados???
Según algunhas teorías, dentro de 30, 40 ou ao mellor 50 anos, haberá guerras e pelexas pola auga, haberá fame, enfermidades e, por suposto a elevación do nivel do mar.
Durará moito a auga doce?
Xa se están vendo algúns efectos do cambio climático: o aumento das temperaturas, que fan que se derritan os glaciares, ó que á súa vez provoca unha subida no nivel do mar.
O cambio climático pode chegar a influir en moitos ecosistemas, forzando así a moitas especies a cambiar de hábitos ou emigrar (cambiar de lugar); aínda que moitas especies poderían verse beneficiadas chegando incluso a extenderse. E, na miña opinión, todos os lugares estarán afectados por este inminente cambio climático e ademáis temos que contar que, cada cen anos, o nivel do mar sube dous centímetros.
Os fenómenos atmosféricos son cada vez máis extremos, e na miña opinión, dévese ao cambio climático.
Que facer para evitar o cambio climático? Pois, para empezar, xa non se pode evitar o cambio climático, pois xa estamos sufrindo os seus efectos, pero podemos facer moitas cousas para evitalo, aquí temos algunhas cousas básicas:
- Non conduzas, ou como mínimo conduce menos. Usa o transporte público, usa a bicicleta, etc... Con esto aforrarás 30gramos de CO2 cada 4Km conducidos.
- Un paseo en bici é moito máis relaxante que un atasco no coche!!!
- Reciclao todo, non desvotes nada. O orgánico, que en teoría é irreutilizable, pódese usar de abono. Se reciclas a metade da basura dunha casa, podes aforrar 730Kg de CO2.
- Se reciclas axudas ó teu planeta, ademáis de ter máis limpa a túa casa.
- Asunto de luces; cambia as bombillas tradicionais por unhas de baixo consumo, parecen ser máis caras, pero á larga son moito mellores.
Son fáciles de diferenciar, non si?
- Cousas de rodas: se mantés os teus neumáticos inflados podes reducir o consumo de combustible en máis dun 3%, e se aforras 4L evitas a expulsión de 6Kg de CO2.
- Planta árbores e plantas, pois as plantas ao facer a fotosíntese expulsan O2 e absorven CO2.
Son fermosas, non?
- Apaga todo-los aparatos electrónicos cando non os estás a usar, así aforrarás moita enerxía.
Apaga a TV!!
- Non compres cousas con moito embalaxe.
Usao con propiedade.
- Duchate!, pero non uses moita auga quente, pois gran parte da enerxía dos fogares é utilizada para quentar a auga; duchate con auga fria, con eso aforrarás electricidade e tamén mellorarás a túa circulación sanguínea. Se non podes deixar de usar a auga quente rebaixa a temperatura e cerra o grifo mentres te estás a enxabonar.
A chave da auga ten tamén a opción de fria!!
- Axusta o termostato ou se tes frío, antes de poñer a calefacción pon un xersei; ou en caso contrario, quita unha das túas capas de roupa se tes moita calor.
Se tes calor quita o xersei, se tes frio pono. Simple non?
No hay comentarios:
Publicar un comentario